29/04/25

Celanova

Un ano máis visitamos a vila de Celanova co alumnado de 1º de Bacharelato. É un goce volver á Casa dos poetas e ao mosteiro de San Salvador. Sen dúbida, volveremos!





25 de abril

Para conmemorar o 25 de abril, o día da revolución dos cravos, este ano no IES O Ribeiro o alumnado de 2º e 3º ESO fixo cravos de papel que se repartiron no recreo. Mirade que ben quedaron!



Fuscalla no centro de maiores

O mércores 23 de abril Fucalla actuou no centro de maiores de Ribadavia. Foi un pracer agasallar aos nosos maiores coas cantigas e mesmo se animaron a tocar e cantar!





Ciclo de cinema

O último día de clase antes das vacacións, o venres 11 de abril, organizamos un ciclo de cinema para o alumnado de 4º ESO. Os rapaces e rapazas puideron escoller entre catro películas: A Esmorga, O lapis do carpinteiro, Cuñados e Eroski Paraíso. Ademais, despois do visionado, cada persoa cubriu unha valoración sobre a cinta que viu. Foi unha experiencia marabillosa que repetiremos seguro!