Onte, 25 de febreiro, tivemos o pracer inmenso de que nos visitara Paula Carballeira no noso instituto. Asistimos a unha fabulosa sesión de contos e puidemos falar con ela sobre algún dos seus libros. De público estivo o alumnado de 2º ESO, que leu Hai quen escolle os camiños máis longos; o alumnado do club de lectura de 1º ESO, que leu Wombo Combo e o alumnado de Artes Escénicas de 2º BACH. Foi unha experiencia fantástica que esperamos que se repita!!!
26/02/25
21/02/25
Día de Rosalía
Este ano, o 23 de febreiro, celebrámolo enchendo o recibidor e a biblioteca con figuras de Rosalía en papel feitas polo alumnado. Nas fotos podedes ver o proceso e o resultado do noso traballo. Ademais, convocamos, por segundo ano, o concurso de poesía e videopoesía. Animádevos a participar!!!
02/02/25
Candeloria
Xa está aquí a Candeloria! Isto significa que xa pasamos a metade do inverno, os días comezan a medrar e a natureza comeza a prepararse para a primavera. Ademais disto, é o momento en que casan os paxaros. Aproveitamos así o 2 de febreiro para celebrar o amor e fixémolo cunhas cartas, que podedes ver nestas imaxes, elaboradas polo alumnado de 1º ESO. Unha fermosura!