10/12/20

10  DE DECEMBRO,DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.


O 10 de decembro celébrase todos os anos o Día dos DEREITOS HUMANOS, coincidindo co aniversario da DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS, que se  aprobou en 1948

Foi dous anos despois da aprobación, en 1950, cando a Asemblea Xeral proclamou o 10 de decembro, como o Día dos Dereitos humanos

QUE SON OS DEREITOS HUMANOS?

Os dereitos humanos, son dereitos inalienables e que pertencen a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, sexo,nacionalidade, lingua, relixión ,orixe étnica ou calquera outra condición.

Actualmente existe unha lista de dereitos humanos creada pola Organización das Nacións Unidas,onde se defende o dereito á vida, á libertade, á educación,ao traballo e moitos outros máis, que deben ser respetados sen que exista discrimininación ningunha.

A DECLARACIÓNA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.

“Todos os seres humanos nacen libres e iguais É o texto do artigo 1 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En base a esta premisa, a Declaración proclama os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza,cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición.

É o documento máis traducido do mundo, disposto en máis de 500 idiomas. Por iso ten un Record Guiness .Aínda queda moito camiño por recorrer para que os dereitos que nel se expoñen sexan respetados en todo o mundo, o feito de que perdure aínda este documento é signo inequívoco de se lle recoñece o seu valor por parte dos Estados e da sociedade en xeral.en dignidade e dereitos”

MULLERES QUE FIXERON POSIBLE A DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.

A muller,a través da historia, desempeñou un rol fundamental en todo o que concerne ao desenvolvemento e avance da humanidade. Un deles foi a súa participación na creación do documento para que fose posible a Declaración dos Dereitos Humanos.

Unha destas mulleres foi Eleanor Roosevelt, primeira dona dos ESTADOS UNIDOS. Foi embaixadora, delegada e presidenta do comité da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Outra importante lider feminina foi Hausa Mehta ,de orixe hindú, loitadora incansable dos dereitos da muller e mundialmente coñecida pola súa célebre frase: ”Todos os seres humanos nacen libres e iguais”

Tamén cabe mencionar o traballo de mulleres como Begum Shaista Ikramullah, nacida en Pakistán, quen propuxo a igualdade de dereitos no matrimonio para acabar co matrimonio infantil e non desexado..

Pero a lista non acaba, Lakshmi Menon e Minerva Bernardino, coñecidas por defender a igualdade de dereitos de homes e mulleres. Evdpkia Uralova, que avogou pola igualdade salarial. Marie-Helene lefaucheux, defendeu a non discriminación sexual e Boddil Begtrup, quen propuxo a inclusión dos dereitos das minoría.

70 anos da Declaración Universal.

No ano 2018,a Declaración Universal dos Dereitos Humanos cumpliu 70 anos e a celebración tornouse aínda máis especial.


Eleanor Roosevelt sostén un exemplar da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Queres saber máis sobre os Dereitos Humanos?.Fai clik aquí



Ningún comentario:

Publicar un comentario